A articulación dunha estructura empresarial nas rías mediante sociedades cooperativas: reflexións previas para unha proposta de futuro

Autoras/es

  • María José Cabaleiro Casal Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/ces.v0i25.1798

Resumo

A crise ocasionada polo afundimento do Prestige tivo como consecuencia un importante cambio social, ó comprobarse o sensible do medio ante as ameazas de determinadas actividades económicas, ó tempo que permitiu unha maior conciencia da situación económica real nas rías, zonas cun rico potencial económico, pero sen unha estructura empresarial sólida na maior parte das actividades do sector primario que nela se desenvolven. Neste traballo formúlase a especial adaptación das sociedades cooperativas para a restructuración dos sectores máis afectados por esta catástrofe. Tendo en conta a situación de partida, e cun enfoque de desenvolvemento local endóxeno e sostible, proponse a articulación dun tecido empresarial participativo que permita extrae-las vantaxes que a especial configuración territorial das costas galegas permite, para conseguir un desenvolvemento económico que, preservando o medio, manteña a poboación nas súas localidades, mediante a reversión dos resultados ós axentes e recursos que os xeran. Neste sentido, as sociedades cooperativas, polo seu carácter de empresa de participación, convérteronse na cale empresarial máis axeitada para conseguilo.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-20

Cómo citar

Cabaleiro Casal, M. J. (2020). A articulación dunha estructura empresarial nas rías mediante sociedades cooperativas: reflexións previas para unha proposta de futuro. Cooperativismo E economía Social, (25), 63–78. https://doi.org/10.35869/ces.v0i25.1798

Número

Sección

Doutrina