A intercooperación como principio estratéxico nas cooperativas

Autoras/es

  • Arcadi Vilert i Soler Consorci Cooperatiu pel Foment de la Construcció, S.C.C.L.

DOI:

https://doi.org/10.35869/ces.v0i17.6563

Resumo

Desde a experiencia vivida no movemento cooperativista catalán, o autor presenta as avantaxes da intercooperación, tanto da orientada a acadar obxectivos de tipo social, ideolóxico ou político como da orientada á mellora empresarial e económica das cooperativas. A intercooperación con obxectivos de mellora empresarial permite resolver a contradicción entre a necesidade de medranza empresarial imposta pola globalización e o aumento da competitividade no mercado, e a eficiencia dos pequenos grupos organizativos onde se acada unha maior  participación e implicación dos traballadores e traballadoras. Se a estratexia de subcontratación é a propia das empresas capitalistas convencionais para superar esta contradicción, as cooperativas deberán intercooperaren para
resolver este mesmo problema situándose en puntos de alto valor engadido. No mesmo nivel empresarial, a intercooperación dá acceso a unha maior información e anticipación ante as situacións de mercado, e por conseguinte a unha maior capacidade de adaptación. O autor sinala tamén as principais dificultades nos procesos de intercooperación: problemas inherentes ó liderato, disciplina do grupo e “medo a velocidade”. A intercooperación con obxectivos sociais e políticos estímase como estratexia fundamental para a defensa dos dereitos das cooperativas e a proxección da fórmula e os valores cooperativos cara ó exterior.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2026-02-03

Cómo citar

Vilert i Soler, A. (2026). A intercooperación como principio estratéxico nas cooperativas. Cooperativismo E economía Social, (17), 25–40. https://doi.org/10.35869/ces.v0i17.6563

Número

Sección

Artigos