A eficiencia empresarial nas cooperativas
DOI:
https://doi.org/10.35869/ces.v0i17.6564Resumo
A eficacia empresarial das cooperativas ven marcada pola súa necesidade de ser competitivas no mercado. Os fundamentos democráticos e participativos das cooperativas ofrecen, dunha banda, avantaxes competitivas como a súa adecuación ás novas formas participativas de organización do traballo que se dan nas cooperativas dun xeito máis natural, e doutra, dificultades derivadas dunha forma pouco operativa de entender a democracia e a participación e que se traduce en: “participacionite”, asemblearismo, igualitarismo mal entendido, exceso de ideoloxización, resistencia á estructura organizativa ou desentendemento entre os líderes. Para afortala-las capacidades competitivas da cooperativa proponse potencia-la súa dimensión estratéxica, afortala-las potencialidades do factor humano e mellora-la capacidade de xestión e sistematización da producción. Para contrarresta-las dificultades antes sinaladas proponse a diferenciación clara da estructura de goberno e a estructura de xestión para favorece-la profesionalización das funcións propias da xestión empresarial.