O grupo lácteo cooperativo

Entrevista con Antón Fernández Oca

Autoras/es

  • Editor

DOI:

https://doi.org/10.35869/ces.v0i20.6569

Resumo

Nesta entrevista Antón Fernández Oca reflexiona sobre o fracaso do proxecto do Grupo Lácteo Galego e que acabara por ser sacrificado un proxecto fundamental de desenvolvemento social e agro-industrial propio. As responsabilidades deste fracaso van dirixidas en primeiro lugar a quen tiña a responsabilidade de traza-los modelos de desenvolvemento do sector agro-industrial, manifestamente á Administración Pública Autonómica, que actuou máis ben movida pola súa pouca sensibilidade cooperativa e estivo moito máis influenciada polas empresas e intereses capitalistas.
Tamén tivo responsabilidade o movemento cooperativo, que en nome da eficiencia, da rapidez de decisión e da maior facilidade de aportación de capitais e financiamento, optou nos dez últimos anos por un “mix” cooperativo-capitalista que tivo por resultado a infravaloración da participación, a subvaloración dos valores cooperativos nos socios, técnicos, directivos e compromisarios e a subordinación do cooperativismo ós criterios directivos das sociedades mercantís.
En segundo lugar está a responsabilidade da Administración Pública, que dende 1982 optou por desmantelar o crédito cooperativo (en Galicia especialmente) mentres destinaba recursos fabulosos á reestructuración e superación da crise da banca capitalista.
En terceiro lugar unha banca galega que tivo unha participación decisiva no estrangulamento financeiro do grupo lácteo, acaso en connivencia cunha Administración Autonómica que se serveu do crédito público para estrulla-lo grupo lácteo galego cooperativo e actuar así como un quebranoces con tres pancas: o crédito oficial, o crédito privado e certos intereses capitalistas privados. Estas tres instancias “parecían entenderse demasiado ben entre elas” e pretenderon impoñer unha solución que lles conviña máis a eles, pero que non era tolerable pola base social cooperativa agroindustrial.
Pero tamén debemos destacar o comportamento do movemento cooperativo, demasiado autosatisfeito, demasiado presto a distanciarse dos seus valores, da súa identidade, da súa base social e demasiado atraído por un estilo de empresarialismo capitalista no canto de confrontar con máis realismo os seus retos.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2026-02-03

Cómo citar

Editor. (2026). O grupo lácteo cooperativo: Entrevista con Antón Fernández Oca. Cooperativismo E economía Social, (20), 41–52. https://doi.org/10.35869/ces.v0i20.6569

Número

Sección

Artigos