A construcción de identidades a través dos procesos de consumo globais e locais
DOI:
https://doi.org/10.35869/ces.v0i20.6570Resumo
Este texto versa sobre a análise dos efectos e impactos dos procesos de globalización na súa vertente do consumo (sistema capitalista de consumo saturado) en contextos diferentes. Os parámetros establecidos en torno ó desenvolvemento, a irrupción do consumo global en lugares apartados e alleos á cultura occidental, as fracturas da cohesión étnica e social dos pobos, pode ser de enorme riqueza analítica para as reflexións en torno á construcción das identidades e a influencia da globalización en espacios dispares espacial e culturalmente. A historia da producción material dos pobos indíxenas situados nas costas de Honduras, na selva da Mosquitia é o centro das pesquisas desta investigación, desenvolvida dende comezos do ano 1997 ata a actualidade. Este estudio está enmarcado dentro do Proxecto de Rescate e Promoción das Artesanías Indíxenas e Tradicionais de Hondurtas (Propaith) do Instituto Hondureño de Antropoloxía e Historia (IHAH).