Con calquera método posible: investigación da participación activa no proceso de construcción de novas estratexias económicas

Autoras/es

  • David Smathers Midwest Center for Labor Research

DOI:

https://doi.org/10.35869/ces.v0i19.6677

Resumo

Os cambios nas relacións sociais de producción -as estructuras de propiedade e de toma de decisións que rodean ó proceso real de producción- que xurdiron en certos sectores de manufacturas en EEUU nos 80 levou á destrucción de estructuras productivas viables, á perda de emprego masiva e á destrucción de comunidades de traballadores. Neste contexto, activistas polo traballo e a comunidade que traballan co Centro Medio-Oeste de Investigación sobre o Traballo (MCLR) en Chicago utilizaron a investigación-acción participativa para comprender os problemas
e posibilidades das firmas individuais así como de sectores enteiros da economía industrial. A información e instrumentos resultantes sentaron a base do que se chama unha “estrada principal” para a estratexia de desenvolvemento do traballo e a comunidade. Este enfoque pon ós/as traballadores/as e ás comunidades en posición de dirixir o desenvolvemento da capacidade productiva de forma viable, tanto económica como socialmente.
Esta ponencia explora estes temas mediante o caso dunha campaña de traballo e comunidade para salvar postos de traballo na maior planta de manufacturas de doces de Chicago, e da evolución desta campaña cara unha estratexia de administración sectorial destinada ó mantemento e desenvolvemento das 80 firmas manufactureiras de doce e de 13.000 postos de traballo da rexión. Esta estratexia sectorial maniféstase no traballo dun novo programa da MCLR chamado Instituto do Doce. De forma contraria ás asociacións mercantís que só representan os intereses dos propietarios, o Instituto do Doce representa os intereses de tódalas persoas implicadas coa industria -incluíndo á xente que traballa e ás comunidades onde están localizadas-, buscando o desenvolvemento industrial de forma consistente coas esixencias dos mercados variables, sen deixar de atender obxectivos de desenvolvemento social.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2026-02-03

Cómo citar

Smathers, D. (2026). Con calquera método posible: investigación da participación activa no proceso de construcción de novas estratexias económicas. Cooperativismo E economía Social, (19), 41–54. https://doi.org/10.35869/ces.v0i19.6677

Número

Sección

Artigos