O papel da muller na miticultura galega
DOI:
https://doi.org/10.35869/ces.v0i23.6788Resumo
No presente artigo realízase unha análise do papel da muller na miticultura galega, tanto cuantitativo, como cualitativo e funcional, acompañado por clasificacións segundo o tamaño da explotación na que participan. É dicir, determinamos o número de mulleres que forman parte do emprego no sector do mexillón, a modalidade de emprego, o tipo de explotación na que desenvolven o seu traballo, a responsabilidade sobre a xestión da explotación e finalmente o tipo de labores nos que aportan as súas capacidades.
A base estatística na que se apoia este traballo foi elaborada mediante a explotación dos dados procedentes das enquisas realizadas para a elaboración das Táboas Input-Output da Pesca-Conserva Galegas, 1995, aplicando sobre a información acadada os métodos de análise proprios da ciencia económica.
O resultado acadado amosa unha participación da muller que abrange a terceira parte do emprego, con presencia en prácticamente todos os ámbitos da producción ou decisionais e en todo tipo de labores, se ben esta presencia é cuantitativa e cualitativamente máis relevante nas explotacións de menor dimensión.