Os medios como (re)produtores de ciberviolencia simbólica.

Autores/as

  • Marga Tojo Xornalistas Galegas

DOI:

https://doi.org/10.35869/god.v1i.5064

Palabras clave:

Ciberviolencia, medios, violencia simbólica, editoras de xénero

Resumen

O discurso mediático participa na persistencia do estatus en termos de xénero. Produce e reproduce ciberviolencias. Os dispositivos biopolíticos da
dixitalización exercen o disciplinamento a través de mecanismos complexos e dispersos. Non só emana directamente deles, senón que escala, deriva e se sustenta no continuo físico-virtual. Os medios xeran ideoloxía mediante a espectacularización da mensaxe informativa, de xeito especial nos acontecementos vencellados á violencia machista. A desinformación de xénero resulta lucrativa. Mais a prensa ten a capacidade de influír para modificar un sistema normativo que non ten en conta xénero, clase, nin racialización. A influencia da teoría feminista nos últimos anos tamén dentro das redaccións e medidas como o establecimiento de redactoras xefas de xénero, figura experta que aínda non penetra no conxunto mediático galego, crean unha xanela de oportunidade para o cambio.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2023-12-13

Número

Sección

MISCELÁNEA