O contrabando na fronteira Galaico-Lusitana durante o século XV

Autores/as

  • Jorge Abraham Vila Álvarez
  • Susana Moure Fraga

Palabras clave:

fronteira, contrabando

Resumen

A falta de precisión da fronteira de Galicia e Portugal na zona da alta Limia e
Tras-Os-Montes, converteu a este territorio nunha rexión de contacto, máis que de separación, entre as poboacións de ámbolos dous territorios. Dende finais do século XIV, o poder monárquico favoreceu as relacións entre as duas comarcas a través de numerosos acordos que pretendían fomentar as transaccións económicas. Sen embargo, ó tempo que o tráfico mercantil se incrementaba, tamén se foi desenvolvendo unha intensa actividade delictiva ligada á exportación e á importación de mercadorías vedadas. O obxetivo do presente artigo é, precisamente, efectuar unha análise das operacións de contrabando que se desenvolveron neste territorio de fronteira, ó longo do século XV, tratando valorar a súa incidencia na economía de ambos espazos. A tal efecto levouse a cabo unha revisión pormenorizada dos diversos tratados comerciais asignados polos máximos dirixentes das coroas de Castela e Portugal, así como tamén da documentación municipal editada polo Concello da cidade de Ourense ó longo de toda a centuria, co fin de acabar con este tráfico ilegal de mercadorías prohibidas.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2007-11-24

Número

Sección

Artículos