Modernización económica versus conflitividade socioambiental: discursos a favor e en contra da Autopista del Atlántico (1976-1979)

Autores/as

  • Daniel Lanero Táboas Universidade de Santiago de Compostela

Palabras clave:

Galicia, Transición, Conflitividade socioambiental, Autopista del Atlántico, Discurso público, Progreso, Territorio

Resumen

Nos primeiros anos da Transición á democracia, Galicia, ao igual que o resto de Estado, experimentou unha intensa conflitividade social. Un dos conflitos que acadou maior repercusión social, motivou intensos debates e ocupou a atención da opinión pública durante máis dun lustro, foi o provocado pola construción a Autopista del Atlántico. En este traballo analizamos este conflito socioambiental dende a perspectiva dos discursos e contradiscursos públicos que os diferentes actores involucrados elaboraron, das lóxicas argumentais subxacentes a este e, en definitiva, dos dous modelos de desenvolvemento económico e territorial confrontados que se estaban a propoñer para o futuro do país. Unha das principais aportacións da investigación reside na atención prestada á analise do discurso público dos diferentes actores (económicos, profesionais, sociais...) que se amosaron abertamente favorables á construción da Autopista, até o de agora, case sempre ausentes na escasa literatura disponible sobre o tema.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Biografía del autor/a

Daniel Lanero Táboas, Universidade de Santiago de Compostela

Investigador Programa Ramón y Cajal. Grupo de Investigación HISTAGRA

Descargas

Publicado

2021-01-04

Número

Sección

Dossier