Movemento estudantil e transición social no tardofranquismo en Galicia. A contribución de Erga á toma de conciencia nacionalista, 1972-1981

Autores/as

  • Adrián Martínez Garrido Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/mns.v0i27.4410

Palabras clave:

universidade, mobilización estudantil, transición, cultura política, conflito político, xuventude, España, Galicia, século XX, nacionalismo, ERGA

Resumen

Dende mediada a década de 1950 asístese a un crecente malestar entre o estudantado español e o réxime. Na década seguinte, a universidade galega ve medrar unha discordancia traducida na progresiva politización e afastamento do franquismo. A atmosfera creada nestes espazos desembocou nun proceso de cambio social e de ruptura cultural e xeracional. A asimilación de novos valores e inquedanzas por unha maioría chegaría a traducirse nun movemento de masas. Convertido nun verdadeiro axente político, a súa influencia no conxunto da sociedade, habituándoa a novas ideas e sistemas de pensamento, resultaría fundamental para o posterior proceso de transición política. A incapacidade de asimilación por parte do réxime produciu unha frustración xeracional ao ver truncadas as ansias de liberdade, traducíndose nunha postura de frontal oposición. A xuventude rachou co réxime facendo imposible a súa ulterior continuidade. Na transmisión deses valores no ámbito estudantil tiveron especial relevancia as organizacións políticas e as obras literarias clandestinas, as influencias internacionais e os mass media. O grao e a amplitude de aceptación dos novos valores marcaría as diferentes escalas de adhesión. A nova identidade tería un elemento principal en común, o rexeitamento da orde establecida. A partir de 1970, a intensa politización radicalizou e atomizou o movemento. En Galicia, a nova cultura adquire uns caracteres particulares debido, en grande medida, a ERGA. Nada en 1972, esta organización logrará a hexemonía do movemento estudantil a partir de 1975, introducindo un novo esquema debedor das loitas pola liberación nacional que estaban a acontecer no panorama internacional: Galicia como nación asoballada polo Estado Imperialista Español. Coñecer a contribución desta organización na asunción e proxección dunha cultura política, con novos valores ideolóxicos e culturais, sobre o conxunto da sociedade, nunha etapa en que se estaba a producir a transición social imprescindible para o tránsito da ditadura á democracia, é o principal obxectivo do presente artigo.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2023-01-26

Número

Sección

Artículos