Viceversa. Revista galega de tradución https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa
Viceversa. Revista galega de tradución

http://revistas.webs.uvigo.es/index.php/viceversa

ISSN: 1135-8920 | ISSN dixital: 1989-2853
Edita: Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo
Biblioteca Central – Campus Lagoas-Marcosende s/n
36310 Vigo (Pontevedra)
sep@uvigo.es
+34 986 812 235

Viceversa é unha revista académica que cumpre os estándares de revisión por pares e diríxese á comunidade investigadora e profesional de todo o mundo. Viceversa é unha revista transdisciplinar que dá cabida a unha grande variedade de estudos e acepta contribucións relacionadas coas moitas disciplinas e perspectivas que conflúen no campo da tradución e da interpretación.

Viceversa  é unha revista integradora que ten por obxectivo publicar artigos e estudos  orixinais e de calidade que describan e analicen as últimas investigacións no campo da tradución e da interpretación. Todos os traballos publicados en Viceversa son obxecto de lectura e revisión externas. As áreas de interese da revista inclúen, entre outras:

- Historia da teoría e da práctica da tradución e da interpretación
- Teoría da tradución e da interpretación
- Desenvolvemento e utilización de ferramentas de tradución e interpretación (dicionarios, glosarios, programas informáticos, etc.)
- Reflexións de profesionais da tradución sobre as súas obras
- Críticas e recensións de traducións literarias e non literarias
- Críticas e recensións de ferramentas de tradución e interpretación

gl-ES viceversa@uvigo.gal (Viceversa. Revista galega de tradución.) alugris@uvigo.gal (Alberto Álvarez Lugrís) Wed, 31 May 2023 08:16:31 +0000 OJS 3.2.1.4 http://blogs.law.harvard.edu/tech/rss 60 De portas para fóra: traducir a literatura galega de onte e de hoxe https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3659
Alguén dixo, e díxomo a min, que non facía falta preocuparse de publicar as traducións que se facían, ou que se podían facer, da literatura galega. Interpretei ben o comentario: queríadicir que abondaba con que houbese tradutores e tradutoras. Entendino: cumpría que estivese agradecida de ter a oportunidade de me achegar á Galiza e me asolagar nas augaslingüísticas que me teñen navegando de mar a mar dende hai moitos anos.

Apuntei nesa mesma conversa o de que aparentemente a literatura aboiaba abondaba... Tamén apuntei a idea de que investir en convidar unha persoa a traducirabondaba. E pensei que a idea pertencía a unha persoa non tan afeccionada á literatura coma min. E posibelmente non era persoa mercadora de libros. Mais tamén pensei: se a única persoa que le os meus textos en inglés son eu, perdín, perdo o tempo. Se a xenerosidade dos que me convidaran fica comigo e eu fico coa miña escolma de textostraducidos (que son dous libros en total). Que xa chegaba, seguía a dicir a persoa interlocutora miña, e eu a pensar «que ben». Podo facer o que veño de facer coa Residencia Literaria 1863, na cidade con museos e faros e praias (e moito castelán), cos meus anos, agora serodios e senlleiros, e seica podo deixar, sen facer máis nada, os manuscritos noRego da Auga onde estou a traballar ao longo do mes de maio. Textos escollidos segundo a miña preferencia, o meu gosto persoal.
Kathleen March Dereitos de autoría 2023 Kathleen March http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3659 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 O mar precisa varandas: traducir é internacionalizar a literatura galega https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3657
No século XIX Rosalía de Castro soubo captar e asumir a voz colectiva do campo e do pobo galego. Daquela, os favorecidos foron os lectores, até estes días. Favorecidos porque as palabras da escritora subliñaron para o mundo e para os galegofalantes por enriba de todos, que existía un mundo lonxano, de xentes e linguas diferentes. O problema non eran as outras xentes nin as súas linguas, senón a falta dun camiño marítimo, non para ir nun barco senón para ir a pé. A viaxe non se podía custear no xeito normal, é dicir, nunha embarcación que aturase as olas e mais os baleiros do Atlántico que os pasaxeirosalbiscaban. A voz poemática da epígrafe pertence a unha persoa sen recursos económicos, obrigada á vida da aldea. Ir, iría; só ten a enorme pexa do diñeiro.

Entendemos nós no século XXI a necesidade dunha axuda, dun apoio, para osemigrantes chegaren daquela á outra orela. Entendemos a frustración e a soidade provocadas pola distancia. Laiámonos das causas do afastamento das persoas queridas que é a historia da Galiza, especialmente no rural. De feito, para nós o Atlántico xa non serve como barreira infranqueábel. Temos avións e feiras de verán, temos móbiles,WhatsApp e internet. Temos a posibilidade de contacto. Nada disto é orixinal e só semenciona para deixarmos clara a distancia entre Europa e América que ten mudado dunha condición baseada nos cartos (no século XIX) e a outra, baseada nun medo ou desinterese por saír do país galego.
Kathleen March Dereitos de autoría 2023 Kathleen March http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3657 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Pragmática e a tradución de poesía https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3644
Trátase dun capítulo comisionado polas editoras de The Routledge Handbook of Translation and Pragmatics sobre a avaliación de elementos pragmáticos en traducións de poesía publicada. O artigo orixinal en inglés vai dirixido a persoas que coñecen os termos pragmáticos, polo que non se explican en profundidade. Refire a orixe dos termos asociación e connotación e avoga polo seu uso na avaliación de poesía traducida, no sentido de que a asociación está determinada pola comunidade e que a connotación xurde dunha experiencia persoal. Fai uso dos termos pragmáticos de relevancia, inferencia e implicatura para a avaliación de obras traducidas. Presenta exemplos de poesía en tradución galego-inglés, inglés-castelán e inglés-sueco, onde se evidencian desvíos do orixinal que se deben a fallos de equivalencia pragmática.
Marta Dahlgren; Carla Míguez Bóveda Dereitos de autoría 2023 Marta Dahlgren; Carla Míguez Bóveda https://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0/ https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3644 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Efectos de xénero do desdobramento de pronomes na tradución institucional europea https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3640
O desdobramento léxico dos pronomes persoais tónicos ingleses (he or she e she or he) é unha técnica da linguaxe non sexista baseada na especificación dos xéneros que aporta visibilidade ás mulleres e substitúe o masculino “xenérico”. O obxectivo deste artigo é analizar ata que punto afecta ás decisións de tradución institucional europea inglés-castelán mediante a explicitación de pronomes ou outras técnicas neutralizadoras ou feminizadoras da linguaxe.

Para iso, realizaremos un estudo cuantitativo e cualitativo de segmentos aliñados de ambas versións lingüísticas en tres grandes corpus multilingües da Unión Europea: EURLex Judgments, EUROPARL7 e EURLex 2/2016. A análise das marcas de xénero na tradución castelá compleméntase cunha proposta de tradución non sexista.
María López Medel Dereitos de autoría 2023 María López Medel; Noelia Pousada Lobeira http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3640 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 O impacto da (para)tradución para a dobraxe na normalización lingüística https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3583
Neste traballo estudaremos o impacto da dobraxe cara a linguas minorizadas, en concreto cara ao galego, como unha ferramenta de normalización lingüística que na comunidade galega está directamente relacionada coa TVG. Empregaremos o exemplo da tradución para a dobraxe galega da serie animada Shin-chan para reflectir a resonancia que unha boa (para)tradución para a dobraxe pode ter no público infantil e xuvenil. Para sustentar esta hipótese apoiarémonos nos resultados dunha enquisa cuantitativa e cualitativa sobre a “versión galega” dos devanditos debuxos animados. Pretendemos salientar a utilidade que este tipo de instrumentos pode ter no labor investigador mediante unha primeira achega de cara a estudar o impacto que unha canle de televisión temática infantil e xuvenil en lingua galega podería posuír no desenvolvemento lingüístico das xeracións máis novas do país.
Carla Míguez Bóveda Dereitos de autoría 2023 Carla Míguez Bóveda http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3583 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 A calidade en tradución segundo a norma «UNE-en Iso 17100: 2015» e o modelo «Qualitrapo»: cara a novos perfís para o alumnado na formación universitaria https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3842
Neste traballo analizamos a membresía na Asociación Española de Normalización por parte da Universidade de Vigo, xa que a súa representación queda institucionalizada a través do Comité Técnico de Normalización 174 para Servicios de traducción de la Asociación Española de Normalización y Estandarización; centrámonos no papel que desenvolve a normalización a través da norma internacional «UNE-EN ISO 17100: 2015» na busca de calidade en tradución; en concreto, na formación universitaria en tradución a través da secuenciación de procesos baseados nos estándares expostos nesta norma. Esta análise permitiranos concluír que sería interesante que o deseño de procesos pedagóxicos na universidade teña en conta os conceptos e procesos descritos na norma para a consecución da calidade na formación en tradución así como para actualizar e complementar a xa interesante oferta de perfís académicos para o alumnado, debido a que as normas reflicten a demanda real de competencias tradutoras por parte do sector. Finalmente, para demostralo, presentamos o modelo teórico «Qualitrapo» e facilitamos o «Protocolo de actuación en tradución e interpretación profesionais», «patente» ou modelo de utilidade cedido á Universidade de Vigo.
Liliana Valado Fernández Dereitos de autoría 2023 Liliana Valado http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3842 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 A tradución no sector editorial español: un informe actualizado e un estudo comparativo de mercado https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3643
Posto que non hai moitos estudos que recollan a composición e o funcionamento do sector editorial en España e logo analicen en profundidade aspectos como quen traduce e canto se traduce, elaboramos un informe o máis actualizado posible sobre a situación do sector. O informe estrutúrase en dúas partes ben diferenciadas e, ademais, recolle un estudo de mercado sobre a tradución editorial en España. Na primeira explícase e analízase a composición e o funcionamento do sector editorial e, na seguinte, estúdase quen son as persoas que traducen, canto se traduce, de que idiomas se traduce, que é o que se traduce e as razóns polas que convén asociarse. En último lugar incluímos os resultados do cuestionario que enviamos a cinco asociacións de tradutores repartidas pola xeografía española para que llelo fixesen chegar aos seus socios e socias, comparando o obtido neste cos resultados de dous cuestionarios que xa se levaran a cabo anteriormente.
Rafael Fortes Otero Dereitos de autoría 2023 Rafael Fortes Otero http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3643 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Traducir entre afectos, traducir como alimento https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3694
A profesora e tradutora galicianista Kathleen March foi a persoa escollida para gozar, na súa primeira edición, da Residencia Xacobeo 21-22, que ten por obxectivo contribuír á proxección exterior das letras galegas e que foi convocada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia en colaboración coa Residencia 1863, dirixida por Yolanda Castaño. March, especializada en estudos peninsulares e latinoamericanos, fundadora da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG) e tradutora ao inglés de numerosas autorías galegas (Anxo Angueira, Ánxel Fole, Claudio Rodríguez Fer, Susana Sánchez Aríns, Rexina Vega ou Begoña Caamaño, entre outras), residiu durante o mes de maio de 2021 no apartamento da rúa coruñesa Riego de Agua co obxectivo de traducir ao inglés as obras Confusión e morte de María Balteira, de Marica Campo (Baía Edicións, 2010), e Bibliópatas e fobólogos, de Emma Pedreira (Editorial Galaxia, 2017). Ao termo da súa estadía reunímonos con ela en Santiago de Compostela para conversar sobre a súa experiencia como tradutora residente, mais tamén sobre a súa relación coa cultura galega, sobre literatura, afectos e tradución.
Tamara Andrés Dereitos de autoría 2023 Tamara Andrés http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3694 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 A ecopoesía en tradución https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3947 Manuela Palacios González Dereitos de autoría 2023 Manuela Palacios González http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3947 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Robinsóns en Galicia ou a soidade dos tradutores xudiciais https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4398 Alexandre Alonso Alonso Dereitos de autoría 2023 Alexandre Alonso Alonso http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4398 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Retrato da interpretación bilateral mediante a análise dunha escena da serie Game of Thrones https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3641
O presente traballo analiza o papel da persoa intérprete bilateral nunha negociación ficticia que acontece no terceiro capítulo da terceira temporada da serie Game of Thrones. Basearemos a nosa análise en aspectos estudados por autores e autoras e na suxeición a un código deontolóxico. O noso obxectivo é comprobar como se representa a interpretación e a persoa intérprete nun contexto ficticio como é unha serie televisiva. Para introducir a cuestión ofreceremos primeiro unha visión histórica xeral da interpretación e comentaremos a técnica de interpretación bilateral, ademais da presenza da interpretación nos produtos audiovisuais. Logo, describiremos algúns aspectos que analizaremos máis adiante e poñeremos en contexto a interpretación para levar a cabo a nosa análise. Finalmente achegaremos unha serie de conclusións que nos permitirán reflexionar sobre se este produto audiovisual reflicte a realidade da profesión interpretativa.
Antía Barba Santiago Dereitos de autoría 2023 Antía Barba Santiago http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3641 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Análise descritiva da dobraxe en español de Moxie https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3588 Ivana Neira Tronceda Dereitos de autoría 2023 Ivana Neira Tronceda http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3588 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 On est déjà dimanche ? Mediadores e auxiliares para a emigración galega a Francia nos anos 1960 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3649
Este artigo baséase na experiencia vital de cinco persoas relacionadas entre si que emigraron a Francia a partir dos anos 1960 e explora a relación entre os procesos de tradución e os mecanismos aos que recorreron para resolver dificultades de comunicación ás que tiveron que enfrontarse.

Utilizouse unha investigación participante para describir a naturalidade das interaccións e da aprendizaxe da lingua, co fin de botar luz sobre as figuras máis fugaces da mediación e da tradución natural. Así, destácanse principalmente as figuras dos mediadores e auxiliares no dito proceso e conclúese a importancia de comprender as respostas emocionais por parte das persoas investigadas para poder relacionalas coas perspectivas didácticas e tradutolóxicas que permiten amparar o obxecto de estudo.
Paula Moure Blanco Dereitos de autoría 2023 Paula Moure Blanco http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3649 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 O intérprete militar nas colonias francesas en África: educación, acceso e ascenso https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3648
O intérprete militar nativo desempeñou un papel fundamental na misión colonizadora levada a cabo polo goberno francés en Alxeria e en África Occidental Francesa. Os obxectivos deste artigo son describir o perfil profesional do intérprete militar nativo entre os anos 1870 e 1913 e estudar a influencia da naturalización nesta profesión. A través dunha revisión bibliográfica, realizamos unha comparación dos distintos procesos de selección e de promoción dos intérpretes en función de dúas áreas xeográficas coloniais: Alxeria e África Occidental Francesa. Por unha banda, aplicáronse diferentes estratexias en cada colonia segundo o seu contexto social. En Alxeria xa había unha administración forte, un territorio delimitado e unha taxa de alfabetización alta, mentres que en África Occidental Francesa a situación era máis inestable e a educación pasou a ser un piar fundamental para a formación de intérpretes. Doutra banda, a naturalización servía para controlar as estratexias de selección e o labor do intérprete.
Andrea Taboada Rodríguez Dereitos de autoría 2023 Andrea Taboada Rodríguez http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3648 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Novas estratexias de investigación para a promoción cultural https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4397 Tamara Andrés Dereitos de autoría 2023 Tamara Andrés http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4397 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 A invisibilidade literaria das linguas cooficiais dentro do estado español: unha achega recente https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3658 Cristina Ascensión López Canabal Dereitos de autoría 2023 Cristina Ascensión López Canabal http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3658 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Como xorde este libro festeiro? Todo o ano é (unha) festa https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4399 María Pilar Vilaboi Freire Dereitos de autoría 2023 María Pilar Vilaboi Freire http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4399 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 As zonas de contacto das diferentes linguas da Península Ibérica https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3990 Cristina Ascensión López Canabal Dereitos de autoría 2023 Cristina Ascensión López Canabal http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3990 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 A xente de Hemsö de August Strindberg, un clásico da literatura sueca en galego. https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3625
Xa que este artigo é unha xustificación da tradución dun clásico sueco ao galego, permítome falar en primeira persoa e referir a miña experiencia persoal. Á parte da tradución de novelas para a editorial Hugin e Munin, que se dedica exclusivamente á tradución de obras clásicas, ás veces non moi coñecidas, da literatura universal, fixen unha escolma da obra poética da poeta estadounidense do século xix, Emily Dickinson, que traducimos Manuel Forcadela e máis eu, e que publicou a editora Rinoceronte. Publiquei traballos académicos en lingua inglesa sobre pragmática e tradución de poesía. Xa que a miña lingua materna é o sueco e a miña capacidade en castelán e inglés é practicamente nativa, a decisión de traducir do sueco precisamente ao galego foi a consecuencia dunha invitación do editor de Hugin e Munin. A primeira tradución publicouse en 2013 (Mel de abellón de Torgny Lindgren). Sen unha importante corrección pola parte do editor e dunha correctora profesional da lingua galega normativa, non podería ter seguido nesta liña de traballo. Debido a que a colaboración entre tradutora e editora por forza resulta necesaria para que o resultado sexa óptimo, asínase para cada traballo un contrato detallado ou brief (Nord, 1997), que establece o dereito da editorial a tomar as decisións finais sobre a obra a publicar.
Marta Dahlgren Dereitos de autoría 2023 Marta Dahlgren http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3625 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Unhas notas á versión galega de Annie Hall (1977): reflexións enfiadas ao impacto da tradución na mudanza lingüística https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3616 Manuel Arca Castro Dereitos de autoría 2023 Manuel Arca Castro http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3616 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 El matriarcado, de Paul Lafargue: cando o pasado nos toma a dianteira https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3589 Alfredo Álvarez Álvarez Dereitos de autoría 2023 Alfredo Álvarez Álvarez; Ivana Neira Tronceda http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3589 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Os negocios son os negocios, a segunda obra dramática de Octave Mirbeau traducida ao galego https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4432
Este artigo é unha autocrítica. Partindo das distintas teorías da tradución (sobre todo, da Escola do sentido de Delisle) e das achegas de Xoan González-Millán, Pierre Bourdieu e Itamar Even-Zohar, levo a cabo unha reflexión sobre a postura teórica que defendo no meu labor de tradutora non profesional. Subliño a importancia da tradución como manipulación cultural nos sistemas literarios minoritarios e analizo como a actividade tradutora participa na normalización e institucionalización do sistema. Centrándome logo na tradución ao galego de Les affaires sont les affaires de Octave Mirbeau, aludo ás dificultades para atopar editor e defendo e xustifico a necesidade de incluír este autor no sistema literario galego. Analizo, finalmente, aqueles elementos que me levaron a cuestionar o fondo e a forma do meu traballo.
María Obdulia Luis Gamallo Dereitos de autoría 2023 María Obdulia Luis Gamallo http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4432 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Darío Xohán Cabana in memoriam https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3777 Equipo editorial Dereitos de autoría 2023 Equipo editorial http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3777 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Francisco Pillado Mayor, mediador teatral https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3778 Equipo editorial Dereitos de autoría 2023 Equipo editorial http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/3778 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000 Basilio Losada, prolífico tradutor https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4160 Equipo editorial Dereitos de autoría 2023 Equipo editorial http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/4.0 https://revistas.uvigo.es/index.php/viceversa/article/view/4160 Wed, 31 May 2023 00:00:00 +0000