The Black Woman's Burden: Post-colonial Gender Relations in Caribbean Women's writing.
Abstract
Este artigo examina varios cantos das autoras xamaicanas Velma Pollard e Hazel Campbell e mais unha novela de Micheline Dusseck (Haití), para analizar o tratamento que se lles dá nos textos ás relacións de xénero na sociedade caribeña poscolonial. Estas son, como en todas as sociedades patriarcais, relacións de poder establecidas conforme a un patrón xerárquico de dominación masculina e subordinación feminina, no que a posición das mulleres está determinada en grande medida por cuestións económicas e de xénero. Os textos analizados amasan cómo o poder dos homes se adoita manifestar na manipulación da sexualidade e da dependencia económica das mulleres, e cómo a violencia constitúe con frecuencia a expresión última dese poder. Os textos poñen, ademais, de relevo a importancia do legado histórico do colonialismo e mais da escravitude na configuración das relacións de xénero contemporáneas e, asemade, suxiren a necesidade das mulleres transcenderen dito legado e redefiniren a súa posición como suxeitos na sociedade.
Downloads
Downloads
Published
How to Cite
Issue
Section
License
This is an open access article published under the Creative Commons 4.0 Licensing Terms (author attribution, not-for- profit, no derivatives). See Terms here.

