"That´s What I Like about Shakespeare; It´s the Pictures": A Teaching-Oriented Approach to Shakespearean Textual Analysis through Film (with Special Reference to Macbeth V.5.15-28).

Autores/as

  • Jorge Luis Bueno Alonso

Palabras clave:

Shakespeare no cinema, Macbeth, ensinar Shakespeare cos textos fílmicos, tradución visual

Resumen

Seguindo certas tendencias actuais no ensino tanto de Shakespeare (Hutchings 2012) coma de Shakespeare a través do cinema (p. e. Bueno 2004, Castaldo 2002 Crowl 2008, Deitchman 2002), esta nota breve ten como obxectivo presentar un exemplo práctico de ensino de análise textual a través do cinema; este exemplo deriva da miña propia experiencia de impartir un seminario sobre Shakespeare no / a través do Cinema e doutras Artes durante máis dunha década. Como caso de estudo metodolóxico que pode ser adaptado por outros profesores, elaborarei os meus argumentos docentes discutindo as complexidades textuais de Macbeth (v.5.15-28) e da súa tradución fílmica feita por Orson Welles (1948), Roman Polanski (1971), Trevor Nunn (1979) e Rupert Goold (2010), nun esforzo por destaca-la importancia de ensinar como os textos visuais competentes que ofrecen “Shakespeares” fílmicos (Lehmann & Starks 2002) sempre están baseados nunha comprensión do texto literario igualmente competente.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2019-05-24

Número

Sección

Artículos