Der Tor und der Tod de Hugo von Hofmannstahl: Estudio de un Drama Decadente.

Authors

  • Mª Jesús Barsanti Vigo

Abstract

O Decadentismo como cultivo literario da decadencia reílicte a crise dos valores culturais e artísticos da fin de século. Trátase dun movemento de renovación estético-literaria producido no século XIX e dentro do ámbito da lingua alemana onde se desenvolverá fundamentalmente vai ser en Viena, xa que no resto dos paises case non houbo decadentismo e teríamos que ir máis na procura de obras que de autores, xa que ningún deles se axusta a unha soa corrente.

De tódolos autores o vienés Hugo von Hofmannstahl (1874-1929) é quizais un dos seus mellores representantes e o drama Der Tor und der Tod un bo exemplo. O libro é unha escolma do ideario decadentista dende o punto de vista da cosmovisión, onde queda patente que estos escritores non son sinxelos: critican a sociedade na que viven, mais viven nela, impórtalles só o estético, non o moral ou inmoral.

Imos a encontrar o gusto polo atípico, morboso, o ensoño, a omnubilación, os nervios como máximo expoñente do disfrute.

Dende o punto de vista formal a linguaxe vaise enriquecer para atopar todos estos estados de ánimo e a temática recollerá todo o exposto anteriormente. Tódolos autores acabarán superando o decadentismo mediante o trascendente.

Der Tor und der Tod é un claro expoñente de drama decadentista.

Downloads

Download data is not yet available.

Published

2019-05-21

Issue

Section

Articles