Sobre a revista
Revista científica vinculada á Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO-UVigo que co nome de Gender on Digital. Journal of Digital Feminism terá unha periodicidade anual.
Persoas destinatarias
Esta revista está orientada a un público especializado dos ámbitos científico-tecnolóxico, xurídico-social e humanístico. Pretende ofrecer un pensamento crítico feminista sobre as transformacións derivadas da dixitalización das nosas vidas, en especial no referente ás consecuencias na reprodución e incremento das desigualdades entre mulleres e homes.
O chamamento para publicar destinaríase ao personal investigador destes eidos.
Estrutura da revista
Todos os números da revista estarán conformados por catro bloques diferenciados: editorial (1-2 follas); catro artigos monográficos (20-25 follas cada un); tres artigos de investigación (3-5 follas cada un) e un bloque de catro recensións de libros.
O 50% dos artigos monográficos e os artigos de investigación procederán de achegas seleccionadas a priori entre as expertas e investigadoras participantes nos workshops Hackeando o Patriarcado e nas convocatorias de investigación de anos anteriores da Cátedra de Feminismos 4.0 DEPO - Uvigo. O restante 50%, derivará dun chamamento a publicar sobre a temática nese volume, que se realizará no inicio do ano entre a comunidade académica e investigadora dos ámbitos implicados.
Esta estrutura poderase adaptar aos materiais seleccionados en cadanseu número.
Información xeral
Non se edita en papel
Aviso de copyright
A revista Gender on Digital. Journal of Digital Feminism publícase baixo licenza internacional Creative Commons Attribution-NonCommercial-SinDerivs 4.0, en acceso libre e aberto (https://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/4.0/).
A licenza permite:
- Compartir — copiar e redistribuir o material en calquera medio ou formato
Baixo os seguintes términos:
-
Atribución — vostede debe dar crédito de maneira adecuada, brindar unha ligazón á licencia, e indicar si se realizaron cambios. Pode facelo en calquera forma razonable, pero non de forma tal que suxira que vostede ou o seu uso teñen o apoio da licenciante.
-
NonComercial — Vostede non pode facer uso do material con propósitos comerciais.
-
SenDerivadas — Si remistura, transforma ou crea a partires do material, non poderá distribuir o material modificado.
-
Non é posible revogar estes dereitos mentres se cumpran os termos da licenza.