INTERVENCIÓNS NA ILLA DE ONS: AS FACTORÍAS ROMANAS DE CANEXOL (2021-2024)

Autores/as

  • Patricia Valle Abad Universidade de Vigo

Palabras clave:

Antigüidade, salga, arqueoloxía, xeofísica

Resumen

No outono do ano 2021 comezaron as intervencións no entorno da Praia de Canexol, lugar onde se tiñan documentado restos de estruturas pertencentes a unha factoría de salga de época romana. Visibles no cantil da praia, os muros, pavimentos e materiais arqueolóxicos estaban sendo destruídos pola acción mariña e humana, polo que se decidiu, en colaboración co Parque Nacional Illas Atlánticas, realizar unha serie de accións que permitiran recuperalos e documentalos na medida do posible. A escavación de dúas sondaxes durante os anos 2021 e 2022, xunto coa limpeza da vexetación do cantil, levounos a confirmar a existencia de restos conservados e a recoller materiais a arqueolóxicos e mostras para datar o xacemento e caracterizar as salsas de peixe que alí se producían. Determinouse a existencia de, polo menos, dúas fábricas de salga, identificando zonas de acceso, patios, tanques para a salga e outra para a produción de tinguiduras. A prospección xeofísica realizada en colaboración coa empresa SOT indicou que posiblemente existen máis restos que se estenden cara o sur baixo o camiño da praia correspondentes a estas dúas fábricas e incluso algunha máis. Os materiais apuntan a que a fábrica estaría en funcionamento dende época altoimperial ao século IV.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2024-12-17

Número

Sección

Artículos