GALICIA E AMÉRICA UNIDAS POLA RADIO: A PRIMEIRA RETRANSMISIÓN ENTRE SANTIAGO DE COMPOSTELA E BOS AIRES (18 DE DECEMBRO DE 1932)
DOI:
https://doi.org/10.35869/mns.v0i29.5927Palabras clave:
Radiodifusión, Galicia, Historia, Emigración, ArxentinaResumen
A primeira conexión radiofónica internacional entre Santiago de Compostela e Bos Aires, o 18 de decembro de 1932, foi moito máis que un milagre técnico con certa repercusión social a nivel galego. No ámbito da comunicación supuxo o punto de partida para a posterior implantación da primeira rede de emisoras galegas, da man de Unión Radio. Alén mar, creou un referente na memoria colectiva dos galegos de como o medio radiofónico podía servir
eficazmente como instrumento artellador das inquedanzas e intereses de todos os galegos, ó salvar as barreiras, non só da distancia física senón tamén da alfabetización, coa maxia da palabra. A nivel político amosou a súa eficacia como medio de masas, ó levar a mensaxe da asemblea de Concellos Pro-Estatuto a tódolos galegos. Porén, tamén é certo que esas favorables contribucións percibíronse con maior claridade có paso do tempo, mentres que no momento en que acontecían só determinados medios especialmente interesados na difusión do evento, El Eco de Santiago na capital compostelá e o xornal Galicia, no Centro Galego de Bos Aires, lle prestaron a atención que merecía. De feito, non tódalas valoracións realizadas trala retransmisión serían favorables, chegándose a cualificar en determinadas informacións xornalísticas de estrepitoso fracaso. Datos reveladores que se amosan neste breve traballo coa finalidade de ofrecer unha visión máis viva e realista de como se viviu o acontecemento no tempo en que se estaba a desenvolver.