Historia e identidade: Unha aproximación á historiografía contemporaneísta en Galicia, 1980-2009

Autores/as

  • Ramón López Facal Universidade de Santiago de Compostela

Palabras clave:

Galicia, Historia Contemporánea, Historiografía

Resumen

A historiografía contemporaneísta realizada desde Galicia tivo un desenvolvemento serodio, coincidindo aproximadamente co final da ditadura franquista e a consolidación dun departamento de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago. Estivo moi marcada desde os seus inicios pola preocupación pola identidade, que ocupou gran parte da investigación. Nos últimos anos asistimos a unha maior diversificación da investigación, máis conectada coas novas correntes historiográficas relacionadas coa historia social e cultural, así como con novos obxectos de investigación, fundamentamente os estudios sobre ditadura e a represión franquistas.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2010-11-25

Número

Sección

Monográfico