Envíos

Necesita Ir ao inicio de sesión ou Rexistrarse para enviar un artigo.

Listaxe de verificación para preparar o envío dun artigo

Como parte integrante do proceso de envío dun artigo, as autoras e autores teñen que asegurarse de que o seu traballo cumpra todas as condicións que se indicar a seguir. No caso de non se seguiren estas directrices, os artigos poderanse devolver.

Directrices para autoras e autores

  1. Os artigos presentaránse en formato Word para Windows e deberán ter unha extensión máxima dunhas 15.000 palabras, equivalentes aproximadamente a 40 din a-4, a dobre espazo, en letra Times New Roman de doce puntos, incluíndo cadros, gráficos, mapas, ilustracións, notas e bibliografía. Cada texto irá precedido dunha páxina que conteña o título, resumo do artigo e palabras chave, en galego ou castelán e en inglés, nome do autor ou autores, profesión, centro de traballo, enderezo postal completo, teléfono e enderezo electrónico do autor/a ou autores/as.
  2. A numeración dos epígrafes que aluden a divisións e subdivisións do texto utilizarán cifras arábigas, evitando a numeración romana e as letras.
  3. Evitaráse o número excesivo de citas textuais que, se non pasan das tres liñas, deberán ir entre comillas dobles (“”), có mismo tipo de letra e sen cursiva, incluíndo en nota ao pé a referencia bibliográfica. As citas textuais máis longas ponránse en párrafo aparte, con sangría pola esquerda e letra de corpo 10. Unha cita dentro doutra cita marcaráse con comillas simples (‘’).
  4. Todo traballo deberá conter unha listaxe bibliográfica final có título Bibliografía. As referencias limitaránse ás obras citadas no traballo, con sangría francesa, e ordearánse alfabéticamente polo primeiro apelido do autor/a e ano de publicación; se dous ou máis traballos teñen o mesmo autor/a e ano, distinguense entre si con letras minúsculas a continuación do ano e dentro do paréntese. Observaráse o siguiente formato:
    • Monografías:
      Artola, M. (dir.) (1978): Los ferrocarriles en España: 1844-1943, Madrid, Servicio de Estudios del Banco de España.
      Vilar, P. (1996): La guerra civil española, Barcelona, Grijalbo Mondadori.
    • Artigos de revista:
      Pérez García, J. M. (1992): “El Catastro del Marqués de la Ensenada en tierras de León. Problemas y soluciones para su adecuado uso historiográfico”, Minius, 1: 167-169.
    • Colaboración en obra colectiva:
      González Enciso, A. (2006): “Spain’s mobilisation of resources for the war with Portugal in 1762”, en Bowen, H. V. e González Enciso, A. (coords.): Mobilising Resources for War, Pamplona, Eunsa: 159-190.
  5. As notas a pé de páxina irán numeradas correlativamente en números arábigos e voadas sobre o texto (superíndice); componránse coa opción específica do procesador de texto. De seguir signo de puntuación, este poráse despois do número da chamada e nunca antes (exemplo1, exemplo.1). As referencias bibliográficas citadas indicaránse en nota a pé de páxina e de xeito abreviado, consignando os apelidos e inicial do nome do/do autor/a, en versalitas, o ano de publicación e a páxina da cita: Duro Peña, E. (1973): 27. Lucas Álvarez, M. e Lucas Domínguez, P.P. (1988): 298-299.
  6. O material gráfico que acompañe ao texto deberá ir numerado en cifras arábigas e correlativas, contando cada un deles cun breve título que o identifique, debendo indicarse as súas fontes. As táboas ou cuadros comporánse facendo uso da opción específica do procesador de textos. Os orixinais de gráficos e ilustracións presentaránse con calidade de ser dixitalizados, e os primeiros poderán incluirse nun arquivo informático de calquer folla de cálculo (preferentemente Excel); neste caso recoméndase presentar na mesma páxina o gráfico e a táboa de datos.
  7. Os autores recibirán unha soa proba de imprenta. Durante o proceso de corrección non se permitirá incrementar o texto máis dun 5%. Os autores/as comprometeránse a correxir as probas nun prazo de quince días, contados dende a súa entrega.

Declaración de privacidade

Os nomes e direccións de correo-e introducidos neste xornal usaranse exclusivamente para os fins declarados por este xornal e non estarán dispoñibles para ningún outro propósito ou outra persoa.