Unha aproximación á lexislación provincial durante o reinado de Sabela II (1833-1868)
DOI:
https://doi.org/10.35869/mns.v0i27.4408Palabras clave:
Liberalismo, España, Provincia, Lexislación, s. XIXResumo
O reinado de Sabela II (1833-1868) supuxo a construción definitiva do Estado liberal en España e a administración provincial, a través das Deputacións provinciais e os delegados gobernativos, foron elementos fundamentais nese proceso. Mais a consolidación administrativa e política das Deputacións provinciais, tras un longo período de inestabilidade co reinado de Fernando VII, tivo que pasar un proceso dividido nunha primeira fase de retornos a antigas normas doceañistas e novas leis progresistas (1833-1843); unha segunda marcada polo longo predominio dun centralista liberalismo doutrinario e moderado (1845-1854); unha terceira e breve fase onde se amosaron intentos descentralizadores (1854-1865) e un período de volta ao moderantismo (1866-1868) antes do estoupido revolucionario de 1868. A través dunha recompilación das principais leis e proxectos sobre materia provincial durante o reinado sabelino, procuramos analizar e amosar eses pasos que levaron á consolidación das Deputacións provinciais no Estado español.