Protestantes ingleses na Galicia contemporánea: Os misioneiros «brethren of Plymouth»

Autores

  • Evangelina Sierra Bernardino Universidad de Vigo

Resumo

A principios do século XIX aparece na Gran Bretaña un movimento de renovación espiritoal e ruptura ca Eirexa oficial, coñecido coma os «brethren of Plymouth». Desenrolaron unha forte conciencia misioneira, que os levou a alcanzar moi diversos países, entre eles Galicia. O seu concepto de chamado, a súa aversión ás xerarquías ou o seu compromiso vital integral, condicionaron o seu labor na nosa terra, así coma o tipo de eirexas que eiquí fundaron. Tamén afectaron ó seu labor social en Galicia, maiormente na educación e na sanidade. Pola mesma época, George Borrow, da British & Foreign Bible Society, espallaba nesta terra a Biblia en lingoa vulgar. O seu criterio era que a Biblia por si mesma era quén de abrirlle-la luz ás
persoas atrapadas no oscurantismo.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

1997-11-17

Edição

Secção

Historia