As poutas da censura franquista sobre a literatura galega. O caso da “nova narrativa”

Authors

  • Mª Teresa Bermúdez Montes

Abstract

Este traballo pretende contribuír a desvelar a influencia da censura nun grupo de obras narrativas galegas, tradicionalmente agrupadas baixo a etiqueta “nova narrativa galega”, que foron concibidas e publicadas baixo o franquismo. Na procura das pegadas da represión ideolóxica imposta pola ditadura no sistema literario galego, exploramos os efectos da censura e a sombra da autocensura. Baseámonos na revisión dos expedientes conservados no “Archivo General de la Administración” sobre estas obras, así como nos testemuños dos autores e na análise dos propios textos.

Downloads

Download data is not yet available.

Published

2010-03-01

Issue

Section

Articles