Unha aproximación á pragmática textual en Soldados de Salamina (2001), de Javier Cercas

Autores/as

  • Mª Teresa Bermúdez Montes

Resumen

Este traballo aborda o estudo da pragmática narrativa da novela de Javier Cercas Soldados de Salamina (2001) desde a perspectiva da análise semiótica. Preténdese contribuír á construción dunha visión holística da obra, grazas a unha análise do texto literario como signo. Analízase o contexto da enunciación e as relacións entre o texto literario e o lector implícito, por unha banda, e a presenza da metaficción, da intertextualidade, da polifonía, da Historia e do autobiografismo no discurso narrativo.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicado

2010-11-01

Número

Sección

Artículos