Aspectos autobiográficos en la obra de Hans Fallada "Jeder stirbt für sich allein".

Authors

  • Mª Jesús Barsanti

Abstract

É característico das obras de Hans Fallada o feito de que son novelas cunha gran carga autobiográfica, non só porque se identifican seres reais con personaxes literarios, senón tamén porque se reproducen situacións e experiencias vividas polo mesmo autor. 

Na obra analizada tratamos de recoller aqueles aspectos que directa ou indirectamente poden ser un reflexo da multitude de vicisitudes que ateigan a vida deste peculiar escritor alemán.

Resulta abraiante a facilidade que posúe para desdobrarse en numerosos personaxes de ficción e expresa-las súas vivencias a través dunha trama meramente literaria, reproducindo de feito recorrente na súa obra aqueles temas que máis lle preocuparon ó longo da súa vida como son a incompresión, a debilidade, a frustación e, principalmente, a morte.

Downloads

Published

2019-05-21

How to Cite

Barsanti, M. J. (2019). Aspectos autobiográficos en la obra de Hans Fallada "Jeder stirbt für sich allein". Babel – AFIAL : Aspectos De Filoloxía Inglesa E Alemá, (11), 5–18. Retrieved from https://revistas.uvigo.es/index.php/AFIAL/article/view/160

Issue

Section

Articles