¿De quen é o ouro dos nosos antepasados? os "bens culturais" e os seus modelos políticos
Palabras clave:
Bens culturais, mercadoría, turismo, valoresResumo
Analízanse tres modelos políticos de bens culturais e as súas relacións co
territorio, facendo especial referencia ó caso galego. O primeiro deles é o modelo mercantil globalizado, que concibe o ben cultural como unha mercadoría da industria do turismo e do lecer, destinada a un consumidor cosmopolita. O segundo é o modelo tradicional galego, no que os depósitos arqueolóxicos son considerados como unha fonte de riqueza imaxinaria e marabillosa. O terceiro é o modelo político comunitario, que destaca a necesidade de integrar os bens culturais no marco dos valores políticos, sociais, históricos e estéticos.
Descargas
Los datos de descargas todavía no están disponibles.