Historia da infancia na Galicia contemporánea

Autoras/es

  • Xavier Castro

Palabras clave:

Niñez, trabajo infantil, discriminación de niñas, enfajamiento, relación paterno-filial, sobreprotección

Resumo

Examínase a historia xeral da infancia na historia contemporánea de Galicia, atendendo en particular ao papel do neno na sociedade. Era moi común enfaixar ós nenos, o que retardaba o seu desenvolvemente motriz. No medio rural, os nenos traballaban dende que tiñan forzas para facelo, pois a compañía familiar labrega necesitaba a cooperación de todos os seus integrantes. Ben noviños, pois, xa gañaban o pan que comían. Os nenos medraban daquela nunha atmósfera considerablemente violenta: eran moi numerosos os que recibían maltratamento na casa, na escola e na rúa. A relación paterno-filial mudou dun xeito moi significativo. Antes os nenos non pintaban nada, nin tiñan dereito á privacidade. Había moitos nenos e isto non axudaba a que a súa estimación fose moi alta. Hoxendía hai poucos e doitan estar sobreprotexidos. Polo demais, as nenas adoitaban estar discriminadas.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2008-11-24

Número

Sección

Artículos