O Paleolítico en Galicia: Unha historia complexa

Autoras/es

DOI:

https://doi.org/10.35869/mns.v0i28.4630

Palabras clave:

Paleolítico, Historiografía, Galicia, Prehistoria Antiga, Noroeste Peninsular

Resumo

Neste traballo preséntase o estado da investigación sobre o Paleolítico galego dende os seus inicios, con Villa-Amil y Castro, pasando polas excavacións tan emblemáticas como As Gándaras de Budiño ou outras máis actuais como as da Cova Eirós. Identificamos seis fases cunha problemática que responde ao contexto histórico no que ten lugar cada unha delas. Unha vez analizado o número de publicacións relacionadas con este período e a localización dos achádegos, puidemos comprobar que, tanto os traballos científicos como o número de xacementos documentados, experimentaron un crecemento exponencial a partir dos anos noventa do século pasado. Ese impulso mantense na actualidade debido aos proxectos vixentes relacionados coa investigación desta etapa prehistórica.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Publicada

2024-02-20

Número

Sección

Artículos