Gobernanza e competitividade urbana nas cidades medias españolas. Unha visión crítica.
Palavras-chave:
Gobernanza, competitividade urbana, proxectos de transformación urbana, cidades mediasResumo
A finais dos anos 1980 os organismos internacionais adoptaron o termo “gobernanza” para definir as novas estruturas de cooperación ao desenvolvemento nas que o sector público concertaba as súas políticas co sector privado e o denominado terceiro sector. O concepto tivo un gran éxito e serviu para nomear distintas estruturas de goberno nas que as corporacións privadas, ONG’s e cidadanía en xeral participaban de xeito activo na definición de políticas públicas. Desde entón, a planificación estratéxica e a gobernanza urbana uníronse para impulsar grandes proxectos de transformación urbana, que aspiraban a mellorar a competitividade de estas cidades e crear unha nova imaxe urbana, favorecendo de paso o desenvolvemento do sector inmobiliario.
Downloads
Não há dados estatísticos.