Unha visión desde o dereito tributario á auga e á sustentabilidade

2024-05-13

No ano 2016 e no contexto do proxecto especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, presentouse a Revista de Agua, Derecho y Sostenibilidad-Redas como a primeira publicación xurídica española especializada en auga e medio ambiente. De carácter electrónico e xestionada desde a Facultade de Dereito, xurdiu co obxectivo de ir máis alá dunha revista e converterse nun foro para o intercambio de experiencias e coñecemento xurídicos e de xestión entre profesionais especializados en recursos hídricos, medio ambiente e desenvolvemento sustentable. Nesta liña de actuación preséntase agora o seu curso Dereito Tributario, Auga e Sustentabilidade, que se celebrará o 5 de outubro.

A cita, que se desenvolverá na Facultade de Dereito ourensá, ten como director a Roberto Ignacio Fernández, da Universidade de Vigo, e como coordinador a Iván Quintana, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, patrocinadora da actividade. Será, explican os seus promotores, o segundo curso para profesionais organizado pola revista Redas. Se na edición celebrada o pasado ano esta acción estivo centrada no papel do dereito administrativo no eido da auga e a sustentabilidade, nesta ocasión a abordaxe realízase desde o punto de vista do dereito tributario.

Ler a nova completa no DUVI