LATINDEX
DIALNET
Datos de rexistro de REDAS no catálogo de DIALNET
A principios de ano e no contexto do proxecto especialización do campus de Ourense como Campus da Auga, presentouse a Revista de Agua, Derecho y Sostenibilidad-Redas como a primeira publicación xurídica española especializada en auga e medio ambiente. De carácter electrónico e xestionada desde a Facultade de Dereito, xurdiu co obxectivo de ir máis alá dunha revista e converterse nun foro para o intercambio de experiencias e coñecemento xurídicos e de xestión entre profesionais especializados en recursos hídricos, medio ambiente e desenvolvemento sustentable. Froito deste enfoque, Redas organiza agora o curso Dereito Administrativo, Auga e Sustentabilidade, o seu primeiro curso destinado a profesionais.
A cita, que se desenvolverá os días 6 e 7 de outubro no campus, ten como directores a Roberto O. Bustillo, director da publicación e docente da Facultade de Dereito ourensá, e Iván Quintana, xefe de servizo da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, entidade promotora tamén de Redas. “O curso é unha prolongación da revista, que naceu co obxectivo de contribuír a converter Ourense nun referente no eido da auga e do medio ambiente”, explica Roberto O. Bustillo. Dous anos atrás, apunta, realizouse unha primeira experiencia piloto deste curso cunha actividade formativa tamén dirixida a profesionais e centrada na temática da auga e do dereito. “Dado o éxito que tivo esa primeira experiencia, xa entón decidimos que se lle daría continuidade cunha periodicidade anual ou bianual”, comenta o director da publicación.