LATINDEX
DIALNET
Datos de rexistro de REDAS no catálogo de DIALNET
A Revista REDAS nace en 2015 como unha iniciativa da Facultade de Dereito da Universidade de Vigo no campus de Ourense, contando desde un principio coa colaboración institucional da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e o proxecto estratéxico da Universidade de Vigo Campus da Auga.
Durante o curso 2014/2015, o Decano da Facultade de Dereito presentou o proxecto na Comisión de Garantía de Calidade e na Xunta da Facultade de Dereito.
Tras iso, o 5 de marzo de 2015, nunha reunión celebrada na Sala de Xuntas da Facultade de Dereito na que estiveron presentes pola Universidade de Vigo os profesores doutores Susana Álvarez González (Vicedecana da Facultade de Dereito e membro da Comisión Académica do Campus da Auga), Roberto Bustillo Bolado (Decano da Facultade de Dereito), Roberto I. Fernández López (membro do Comité organizador do Clúster 2 do Campus da Auga), Virxilio Rodríguez Vázquez (Vicerreitor do campus de Ourense) e Belén Sánchez Ramos (responsable de asuntos internacionais da Facultade de Dereito); pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil D. Iván Quintana Martínez (Xefe de Servizo) e por Augas de Galicia Dª Pilar Arias Graña (Departamento Xurídico), decidiuse poñer en marcha o proxecto de REDAS e definíronse as súas características esenciais.
Nunha nova reunión celebrada o 15 de abril de 2015, constituíuse o Consello de Redacción, o Consello Asesor e decidiuse preparar e editar en 2016 o número 0 da Revista REDAS. Desde entón ata a actualidade, REDAS cumpre periodicamente co seu compromiso de publicación en liña anual.