Variables asociadas á competencia gramatical e léxica en galego e castelán do alumnado de Galicia ao final do ensino obrigatorio
Abstract
Os estudos sobre competencias lingüísticas realizados con probas específicas en Galicia son escasos e non abordan as variables que inflúen nos resultados. Neste traballo analízanse os factores sociodemográficos, sociolingüísticos e escolares que inciden na competencia gramatical e léxica do alumnado de 4º da ESO de Galicia en galego e castelán. A análise de correlación canónica revelou unha incidencia similar nas dúas linguas da variable de rendemento académico lingüístico, pero discrepancias no protagonismo doutras: mentres nas competencias en castelán inciden de maneira especial variables relacionadas co nivel socioeconómico, nas competencias en galego teñen maior peso as variables sociolingüísticas e o sexo. As conclusións confirman a relevancia social e educativa de explorar os factores que condicionan a competencia bilingüe e a necesidade de afondar neste campo de investigación.
Downloads
Downloads
Published
Issue
Section
License
The acceptance of the papers for publication, means that the printing and reproduction rights are owned by the journal. The conditions of use and reuse of content are those established in the Creative Commons CC BY-NC-ND 4.0 license.