Fraseoloxía Galega e Portuguesa: o verbo andar como núcleo de unidades fraseolóxicas. I

Autoras/es

  • Xosé María Gómez Clemente

Palabras clave:

Fraseoloxía

Resumo

Unha das características máis salientables dunha lingua é a de posuír unha serie de expresións fixas que os falantes utilizan para expresar unha variada gamma de conceptos. Son estructuras que, partindo dos significados concretos dos seus elementos, adquiren unha nova calidade semántica por un proceso de fixación, producido ó longo da evolución dunha determinada lingua histórica e motivado palas necesidades de expresividade dos seus falantes. Estas unidades son, endebén, testemuños dunha serie de procesos lingüísticos moi curiosos, que se reflicten na estructura da frase, na elección do léxico e nos contidos semánticos específicos de cada unha delas; tamén se comportan como verdadeiros arquivos onde se conservan lexemas que xa non se atopan fóra delas.

Estas estructuras poden converterse nun verdadeiro problema para os traductores, xa que cada lingua posúe as súas propias e non existen equivalentes seguros, agás, obviamente, naqueles casos en que dúas ou máis linguas coinciden na estructuración e significación dun determinado concepto. Engadido a isto, e debido á súa dificultade, non hai estudios sistemáticos sobre a traducción da fraseoloxía e, no caso da nosa lingua, nin sequera unha recollida sistemática de unidades fraseolóxicas.

Co presente traballo quérense dar unhas pequenas indicacións sobre a traducción das expresións fixas entre dúas linguas moi semellantes, o galega e o portugués e, asemade, mostra-las dificultades que un traductor pode atopar cando se enfronta con textos onde se recollan este tipo de unidades fraseolóxicas. Para isto voume cinguir ó comentario de parte das locucións que teñen como núcleo o verbo andar. Como é difícil abranguer todo o campo da fraseoloxía formada sobre este verbo nun traballo de extensión forzosamente limitada, en posteriores contribucións presentarei máis locucións que se refiran ós mesmos temas e a outros novos.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-03-31

Número

Sección

Instrumenta e formación