O papel da lexicografía nas novas tecnoloxías aplicadas á traducción

Autoras/es

  • Enrique Jiménez Ríos

Resumo

O obxectivo deste estudio é mostra-la importancia crucial que ten a lexicografía no desenvolvemento que están a experimenta-las novas tecnoloxías do eido da traducción. Un estudio pormenorizado das ferramentas electrónicas que empregan os traductores amosa a importante posición que ocupa todo o relativo ó vocabulario, sobre todo se temos en conta a idea que se deriva do modelo xenerativo gramatical de Principles and Parameters, de que o que se entende por coñecemento sintáctico é simplemente o resultado da interacción da información específica das unidades léxicas e os principios de proxección do vocabulario na sintaxe. Por este motivo e dado que o vocabulario é o que determina a estructura sintáctica, cando se elaboran programas de traducción automática e se crean diccionarios electrónicos, é fundamental que se apliquen os principios teóricos de lexicografía para mellora-los resultados actuais que proceden da utilización destes novas ferramentas lingüísticas.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-01

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución