Palavras doutra tribo. Sobre traduções de literatura galega

Autoras/es

  • Fernando Venâncio

Palabras clave:

galego, tradución literaria, norma ortográfica, fraseoloxía, falsos amigos, Portugués

Resumo

Non se discutirá nese artigo a cuestión xenérica da neceisdade, e menos aínda da posibilidade, de traducir entre galego e portugués. Constátase o punto de vista, explícito ou implícito, dos intervintes, editor e tradutor, e tómase como dado obxectivo. Tampouco se reflexionará sobre a normativa ortográfica do galego. Limítase a observar que a ortografía vixente é crucial na decisión de facer a edición portuguesa dun texto galego. Tampouco se insistirá na cuestión de se o galego e o portugués son unha ou dúas linguas. Para o autor do traballo son variantes dun só e único idioma. Reduzindo a cuestión ao esencial, galego e portugués teñen en común todas as estruturas que os distinguen das outras linguas románicas. No presente estudo, "galego" e "portugués" designarán dúas normas diferentes e marcadísimas.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-14

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución