Tradución xurídica e normalización en Galicia

Autoras/es

  • Martín Ramos Insua

Palabras clave:

normalización lingüística, tradución xurídica, xustiza, dereitos lingüísticos, servizos lingüísticos

Resumo

A tradución xurídica xoga un papel decisivo na carreira normalizadora que o galego xurídico está a vivir en Galicia. A administración xudicial segue a ofrecer unha resistencia maior á doutros sectores da sociedade á penetración do galego debido en parte á súa configuración especial, con competencias alleas á administración galega. Autoridades supraestatais, coma o Consello de Europa, detectan importantes deficiencias canto ao grao de cumprimento dos tratados internacionais en materia de protección das linguas minoritarias. Neste artigo presentamos unha breve análise da situación dos servizos lingüísticos que desenvolven labores de tradución xurídica nos órganos xudiciais galegos.
Rematamos coa reflexión de que a tradución xurídica debe asumir obxectivos ambiciosos como son contribuír a establecer un corpus xurídico moderno e favorecer así mesmo o uso normal do galego neste espazo profesional.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-21

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución