O éuscaro e a tradución xurídica en Euskadi

Autoras/es

  • Jesus María Aguirre Berezibar

Palabras clave:

éuscaro xurídico, tradución xurídica, normalización

Resumo

No ámbito xudicial, o éuscaro é tratado nos tribunais como se fose un idioma estranxeiro, é dicir, desígnanse tradutores oficiais para as vistas. O castelán é a lingua de creación dos textos xurídicos, porque os operadores xurídicos formáronse en tal lingua, porque o ordenamento xurídico, a doutrina e a xurisprudencia están nesa lingua e porque os asuntos sectoriais se tratan en castelán.

A consecuencia da ausencia de creación e de práctica xurídica en éuscaro é a carencia dun corpus xurídico euscaldún, a carencia dunha linguaxe técnica e xurídica na devandita lingua. A tradución foi a técnica lexislativa habitual, é dicir, xeráronse versións en éuscaro do texto castelán. Por iso o texto vasco perdeu desde a súa orixe seguridade xurídica, isto é, ten un mero valor simbólico dado que non é usado polos operadores xurídicos, o que constitúe un hándicap para a consolidación terminolóxica e discursiva. Pero, por outra parte, a tradución fixo posible a adecuación do éuscaro aos usos xurídicos, mesmo cando se tratara de ensaios, de simulacións de linguaxe xurídica sen contraste na práctica real

O gran déficit segue a ser a falta dun discurso xurídico creado en éuscaro, dado que os textos xurídicos nesta lingua son case sempre traducións. Non obstante, mesmo cando a tradución das leis estatais non sexa oficial, é dicir, non se trate de textos auténticos e sexan textos sen valor xurídico, é preciso ofrecer versións en éuscaro a alumnos e profesionais. Cómpre facer da necesidade virtude e construír por este camiño unha prosa xurídica apropiada en éuscaro.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-21

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución