Álvaro Cunqueiro: traducións de poesía catalá ao galego

Autoras/es

  • Xosé-Henrique Costas González

Palabras clave:

Álvaro Cunqueiro, Faro de Vigo, poesía catalá, tradución ó galego

Resumo

Despois de tres anos de pescuda nuns 9.000 exemplares do xornal vigués Faro de Vigo, reunimos un corpus de textos de Álvaro Cunqueiro que deitaba unhas cifras abraiantes: máis de 3.000 artigos xornalísticos, dos que o 80 % estaban en galego (só en castelán ata os anos 1965 e 1966), máis de 600 poemas traducidos duns 200 poetas en 54 linguas diferentes, aínda que Cunqueiro só traducía directamente (e ás veces con axuda) desde o castelán, catalán, portugués, italiano, francés, inglés e alemán; e corenta poemas inéditos en libro.

A inxénua intención do noso grupo de investigación era publicar toda esta inxente cantidade de obra cunqueiriana no ano 2006, coincidindo co XXV cabodano do pasamento de Cunqueiro, mais a editora que ten os dereitos da edición en galego de Cunqueiro non amosou moito interese na empresa. Este material está sendo utilizado polos nosos doutorandos e colegas da Universidade de Vigo, cando podía estar ao servizo e en coñecemento proveitoso de moita outra xente

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-21

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución