Dúas décadas e tres planos despois: a evolución da formación en interpretación na Galiza

Autoras/es

  • Robert Neal Baxter

Palabras clave:

formación, interpretación, marxinación, evolución, planos de estudos

Resumo

Co obxectivo de analizar a evolución da formación en interpretación na Universidade de Vigo ao longo de 20 anos, abranguendo 3 planos de estudos, tras un breve repaso das mellorías na infraestrutura (laboratorios específicos), o presente traballo presenta unha serie de cómputos comparativos baseados en datos cuantitativos oficiais. Estabelécense dous tipos de análise: unha relativa aos outros grandes bloques temáticos (tradución, linguas e instrumental); e outra que traza a evolución do número de materias e horas de docencia dedicadas á interpretación, distinguindo sempre entre obrigatorias e optativas. Todo indica que a marxinalidade da interpretación se foi exacerbando ao longo dos sucesivos planos de estudos. Co fin de paliar as eivas detectadas, o autor fai unha proposta baseada na flexibilización da oferta de materias optativas para aproveitar o potencial de converter a Universidade de Vigo nun referente en interpretación, non só no norte peninsular, mais tamén en todo o Estado.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-23

Número

Sección

Teoría e Historia da tradución