Da tarefa de verter ciencia ficción do inglés ao galego

Autoras/es

  • Alejandro Tobar

Palabras clave:

ciencia ficción, neoloxismos, tecnoloxía, literatura en inglés, estratexias de tradución

Resumo

Tras unha reflexión sobre as orixes da ciencia ficción e os títulos que foron conformando as características dun xénero consolidado en lingua inglesa, o autor do artigo comparte a súa experiencia como tradutor ao galego, entre 2011 e 2014, dun total de seis libros de ciencia ficción: dúas novelas, que son Cita con Rama, de Arthur C. Clarke e As covas de aceiro, de Isaac Asimov; dúas compilacións de relatos deste mesmo autor, Amigos robots e Robbie e outros relatos; unha antoloxía intitulada Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción; e un relato longo de Fitz-James O'Brien, A lente de diamante. O artigo céntrase nos principais empezos e singularidades atopados durante o proceso de tradución, en vista de que boa parte das historias enmarcadas neste xénero non teñen correspondencia co mundo real. Préstase especial atención a aspectos como o tratamento de xentilicios e topónimos, a terminoloxía científica ou os neoloxismos, que poñen a proba a inventiva do tradutor e requiren dun complexo equilibro entre coherencia e maleabilidade.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Descargas

Publicada

2020-04-23

Número

Sección

Traducións xustificadas