Álvaro de Luna en combate. La presencia del condestable en "Las Tranzaderas" de Juan Arolas

Autoras/es

  • Fátima Codeseda Troncoso

DOI:

https://doi.org/10.35869/hafh.v21i0.1328

Palabras clave:

Arolas, Tranzaderas, Álvaro de Luna, Romanticismo, Poesía, Juan II

Resumo

Álvaro de Luna, condestable de Juan II de Castilla, é o segundo personaxe histórico con máis presenza no Romancero, só superado polo Cid. Representante dunha corte na que conviviron os máis relevantes poetas do seu tempo e na que se recompilou o Cancionero que recolle a poesía castelá máis antiga, Luna encarna tamén, para os escritores decimonónicos, ao cortesán ambicioso que exerce o seu poder nun tempo convulso, trasunto do propio XIX. A súa presenza, durante ese século, en romances e lendas en verso, paralela á que se constata en contos, novelas, ensaios e teatro, conforma un corpus de textos de especial relevancia que ata agora non foi estudado nin editado nunca conxuntamente. Juan Arolas é un dos eruditos do século XIX que utiliza un argumento histórico, ligado a Luna, para dar corpo a Las tranzaderas. Neste poema trata un dos episodios protagonizados polo condestable de Castela de forma orixinal e establece un claro paralelismo entre a situación do valido na corte do rei Juan II e os acontecementos do seu propio tempo

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Publicada

2019-06-28

Número

Sección

Monografía