La representación de la mujer en el DLE (RAE y ASALE): repercusión social de la ideología académica
DOI:
https://doi.org/10.35869/hafh.v21i0.1333Palabras clave:
RAE, Machismo, Feminismo, Lexicografía, DicionarioResumo
A representación da muller no dicionario académico foi, e continúa a ser, un tema constante en foros académicos con perspectiva feminista (Aliaga Jiménez 2000; Calero Fernández 2002; Lledo Cunill, Calero Fernández e Forgas Berdet 2004; Lledo Cunill 2013). Tanto as redes sociais como as plataformas de peticións en liña xeraron unha nova forma de debate social que implica a solicitude de cambios ás administracións, institucións e diversas entidades. A este respecto, a Real Academia Española tamén foi obxecto de varias críticas relativas á construción estereotipada, inveterada e/ou obsoleta das mulleres no Diccionario de la Lengua Española (DLE) nas súas edicións de 2001 e, sobre todo, 2014, incluíndo as actualizacións da versión dispoñible na rede. O obxectivo deste estudo é, en primeiro lugar, avaliar a repercusión social do dicionario académico tendo en conta as demandas de cambio feitas dende dentro e fóra do ámbito académico e, por outra banda, analizar o estado actual da relación entre muller e dicionario académico dende a perspectiva da lexicografía crítica. Para acadar o primeiro obxectivo, analizaranse artigos xornalísticos nos que distintos axentes sociais solicitan modificacións á RAE con respecto ao tratamento da muller. Para acadar o segundo obxectivo realizarase unha análise crítica da vixésima terceira edición do DLE e da versión electrónica 23.1 en relación coa construción discursiva da muller. A análise pon de manifesto que o impacto social das decisións lexicográficas da RAE é notable no que se refire a esta materia e que, a pesar da pátina de adaptación discursiva a novos contextos e sensibilidades, a institución académica practica unha política de cambios mínimos fundamentalmente dirixida á introdución de marcas pragmáticas