Lingua, mocidade e xénero. A linguaxe inclusiva nas redes sociais

Autoras/es

  • Iria Aldomar Dosouto Universidade de Vigo

DOI:

https://doi.org/10.35869/hafh.v24i2.4110

Palabras clave:

Linguaxe inclusiva, Xénero, Linguaxe non binaria, Mocidade, Redes sociais

Resumo

No contexto dos estudos lingüísticos actuais resulta de especial relevancia adoptar unha perspectiva de xénero, a cal permita analizar de forma crítica a actual visibilidade e representación das mulleres e das persoas non binarias nos diversos discursos públicos e nas distintas situacións comunicativas. Por este motivo, o traballo que presentamos ten como principal obxectivo coñecer a vitalidade da linguaxe inclusiva (tanto binaria como non binaria) nas redes sociais, de acordo cos usos das mozas, mozos e moces de fala galega. O fin último é levar a cabo unha análise da representación e a visibilidade da muller e as persoas de xénero non binario na linguaxe da mocidade en relación coa comunicación a través das redes sociais nas diversas modalidades que estas lles ofrecen a quen as utilizan.

Con esta finalidade, compilouse un corpus propio de textos extraídos da rede social Instagram entre o 1 e o 28 de febreiro de 2021. Observáronse perfís de diversas características, tanto segundo a orientación sexual como a identidade de xénero, para analizar as cuestións morfolóxicas en relación co uso do masculino xenérico, así como coa presenza de linguaxe inclusiva directa e indirecta. De acordo coas posibilidades comunicativas que ofrece a rede social anteriormente mencionada, tomáronse mostras tanto das publicacións permanentes, coñecidas como feed, como das temporais, denominadas stories.

Unha vez realizada a análise, os resultados desprenden que a presenza do masculino xenérico persiste nunha parte da xuventude como forma hexemónica para referirse a grupos heteroxéneos, malia que si se rexistra unha certa predisposición á inclusividade e á innovación lingüística principalmente en grupos LGTBI binarios e entre persoas non binarias. Porén, mesmo nestes dous últimos grupos, o corpus analizado amosa certa irregularidade na aplicación dos recursos de linguaxe inclusiva, o que pon de manifesto a fase incipiente de implantación na que se atopa dita modalidade comunicativa.

Descargas

Los datos de descargas todavía no están disponibles.

Publicada

2022-08-10

Número

Sección

Artículos