LA INTERTEXTUALIDAD EXISTENCIAL ENTRE PARTE DE UNA HISTORIA DE IGNACIO ALDECOA Y ALGUNAS NARRACIONES DE ALBERT CAMUS
Palabras clave:
Intertextualidade, Ignacio Aldecoa, Albert Camus, Narrativa de postguerraResumo
A literatura española de posguerra revela certas temáticas e historias relacionadas con algúns dos postulados da filosofía existencialista, aínda que non se derivan directamente dun sistema filosófico desenvolvido en España. A narrativa de Ignacio Aldecoa foi habitualmente interpretada e analizada baixo as premisas do realismo social ou do neorrealismo, pero tamén os puntos de vista narrativos de Aldecoa apuntan cara unha realidade problemática do ser, xa que moitos dos seus personaxes son unha viva encarnación do sufrimento e a incerteza da condición humana. Temas como a natureza e o ser, a procura, a soidade ontolóxica, a falta de comunicación así como o absurdo e a morte son recorrentes na novela Parte de una historia do español Ignacio Aldecoa e nalgunhas narracións e ensaios escritos por Albert Camus. Entre os seus textos abundan as temáticas existenciais, de modo que se establece un diálogo entre as obras de ambos autores.