“NI TEMERARIA, NI QUIMÉRICA”. LA LITERATURA PICARESCA ESPAÑOLA EN MARCELINO MENÉNDEZ Y PELAYO. DESDE LOS ESTUDIOS SOBRE LOPE DE VEGA AL EPISTOLARIO
Palabras clave:
:Literatura picaresca, Marcelino Menéndez Pelayo, Teoría do canon, Historiografía literariaResumo
:O traballo percorre as lecturas que realiza Marcelino Menéndez y Pelayo da literatura picaresca española dos séculos XVI e XVII desde os Estudios sobre Lope de Vega, onde só se mencionan as “comedias de malos costumes, que non edita, ata o seu Epistolario, pasando polos Estudios y Discursos de crítica histórica y literaria. Neste percorrido é posible delimitar o canon proposto polo crítico de Santander para este tipo de literatura, as diferentes relacións entre os grandes relatos picarescos e as súas continuacións pero tamén as diversas posibilidades autorales. Todos estes elementos permiten albiscar non soamente a idea de Menéndez Pelayo sobre a picaresca senón tamén as súas teorías acerca das filiacións entre os textos, as relacións dentro do canon ou sobre a figura de autor