Pesquisa sobre el conde de Leste
Palabras clave:
Cádiz, Contra Armada, Conde de Leste, Duque de Medina Sidonia, Essex, Interrogatorio, Leicester, Lerner, Revenge, Saxóns do leste, Saqueo, Tradución, Tropas holandesas, Tropas inglesasResumo
O presente artigo revisa a interpretación do parágrafo que abre La española inglesa no que se fai referencia ao saqueo de Cádiz de 1596. A crítica que se ocupou da data de composición e de acción da novela rexeitou a devandita referencia histórica como terminus a quo, porque Cervantes chama ao xeneral das forzas terrestres inglesas conde de Leste e non conde de Essex. A razón para esta suposición é que Cervantes confundiu non só o xeneral que levou a cabo o saqueo senón tamén os diferentes ataques á cidade. Non obstante, unha análise coidadosa da documentación histórica revela que Leste era o nome co que se coñecía a Essex na época. A denominación Leste segue o uso antigo de castelanizar os nomes foráneos. Leste é a tradución de Essex, que quere dicir exactamente “saxóns do leste”.