Os pósitos de pescadores
do Antigo Réxime á IIª República. Unha iniciativa conciliadora?
Palabras clave:
Pesca, modo de producción pesqueiro, asociacionismo, Pósitos, RepúblicaResumo
Os Pósitos de Pescadores, naceron como moderada proposta asociativa de carácter mixto e interclasista no tempo da Iª Guerra Mundial, empregando como referentes as antigas Confrarías de Pescadores medievais e os Pósitos agrícolas casteláns. Daquela, tiveron como finalidade agrupar os mariñeiros da maioritaria flota artesanal para mellorar as súas duras condicións materiais de traballo, afastándoos do emerxente asociacionismo mariñeiro de clase. Non obstante, a súa evolución reivindicativa durante a IIª República, período no que moitos deles levaron a cabo ao longo do litoral galego unha importante angueira colectiva de carácter asistencial e mutual, suscita algunhas dúbidas respecto do devandito carácter conciliador da súa traxectoria.
Descargas
Los datos de descargas todavía no están disponibles.