Os pósitos de pescadores

do Antigo Réxime á IIª República. Unha iniciativa conciliadora?

Autores

  • Dionisio Pereira González Licenciado en Ciencias Económicas

Palavras-chave:

Pesca, modo de producción pesqueiro, asociacionismo, Pósitos, República

Resumo

Os Pósitos de Pescadores, naceron como moderada proposta asociativa de carácter mixto e interclasista no tempo da Iª Guerra Mundial, empregando como referentes as antigas Confrarías de Pescadores medievais e os Pósitos agrícolas casteláns. Daquela, tiveron como finalidade agrupar os mariñeiros da maioritaria flota artesanal para mellorar as súas duras condicións materiais de traballo, afastándoos do emerxente asociacionismo mariñeiro de clase. Non obstante, a súa evolución reivindicativa durante a IIª República, período no que moitos deles levaron a cabo ao longo do litoral galego unha importante angueira colectiva de carácter asistencial e mutual, suscita algunhas dúbidas respecto do devandito carácter conciliador da súa traxectoria.

Downloads

Não há dados estatísticos.

Downloads

Publicado

2013-11-26

Edição

Secção

Dossier