Envíos

Necesita Ir ao inicio de sesión ou Rexistrarse para enviar un artigo.

Listaxe de verificación para preparar o envío dun artigo

Como parte integrante do proceso de envío dun artigo, as autoras e autores teñen que asegurarse de que o seu traballo cumpra todas as condicións que se indicar a seguir. No caso de non se seguiren estas directrices, os artigos poderanse devolver.
  • O envío non se publicou anteriormente nin se presentou antes a ningunha outra revista (de non ser así, debe dar una explicación ao respecto en «Comentarios ao equipo editorial»).
  • O arquivo do envío está en formato OpenOffice, Microsoft Word, RTF ou WordPerfect.
  • Sempre que fose posible, proporcionáronse URL para as referencias.
  • O texto ten un espazo interlineal simple; un tamaño de fonte de 12 puntos; emprega cursiva no canto de subliñado (agás para os enderezos URL); e todas as ilustracións, figuras e táboas están inseridas nos lugares correspondentes do texto e non ao final.
  • O texto cumpre os requisitos estilísticos e bibliográficos descritos en Directrices para as/os autoras/es, que se atopan na sección "Sobre a revista".

Directrices para autoras e autores

Normas xerais

Os orixinais deberán enviarse en formato Microsoft Word a redas@uvigo.es respectando as seguintes normas:

Orixinalidade

Os traballos presentados para a súa publicación han de ser orixinais e non deben ser publicados nin deben atoparse en proceso de publicación nun libro ou revista española ou estranxeira.

Extensión

  • Estudos: máximo de 100.000 caracteres (incluídos espazos e notas ao pé).
  • Outros contidos: máximo de 50.000 caracteres (incluídos espazos e notas ao pé).

Lingua

Os contidos de REDAS serán enviados polos autores e publicaranse en español.

Composición do manuscrito

A continuación enumeramos as normas de composición do manuscrito:

  • Todas as marxes: 2’5 cm.
  • As páxinas irán numeradas na parte superior dereita.
  • O texto estará xustificado, con interliñado espazo e medio e sangría ao comezo de cada parágrafo. Dúas liñas entre espazos e apartados.
  • Tipo de letra en texto: Times New Roman 12.
  • Metidos e transcricións ao longo do texto (en caso de existir): Times New Roman 10 e con sangría do parágrafo enteiro.
  • Notas ao pé: Times New Roman 10 e interliñado a un espazo.

Título

En Maiúsculas e Times New Roman 14. Deberá ir centrado.

Identificación do autor

Xusto debaixo do Título deberá indicarse o nome do autor, categoría académica e universidade en minúsculas (opcionalmente poderá engadirse un correo-e de contacto), tipo de letra Times New Roman 12, interliñado a un espazo e aliñación dereita.

Sumario

O tipo de letra será Times New Roman 10 (debe incluir todos os apartados e subapartados, sen uso de cursiva).

Numeración e estilo dos apartados

Numeración árabe co seguinte formato:

1. MAIÚSCULA NEGRA. 1.1 Minúscula negra. 1.1.1 Minúscula negra cursivaa) Minúscula cursiva.

Resumo e lista de palabras clave

Deben estar escritos en español e inglés. Van ao principio do texto, tras o Sumario. En interliñado sinxelo e letra Times New Roman 12. A extensión máxima de cada resumo será de 200 palabras, cun máximo de 5 palabras clave.

Estilo Harvard para referencias de documentos impresos*

A listaxe de referencias ao final do traballo debe ordenarse alfabéticamente por autor. O formato Harvard require que os títulos de libros, revistas, enciclopedias, diarios, etc. sexan destacados con cursiva.

  • Libro: Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): Título do libro en cursiva, Edición, Lugar de publicación, Editorial.
  • Capítulo de libro: Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): “Título do capítulo”, en Iniciais do nome, Apelidos do editor, Título do libro en cursiva, Lugar de publicación, Editorial, páxinas do capítulo.
  • Artigo de revista científica: Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): “Título do artigo”, Título da revista en cursiva, Volume da revista (Número da revista), páxinas.
  • Traballo académico (Tese, TFG, TFM) non publicado: Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): Título da tese en cursiva, Clase de traballo, Universidade na que se presenta, Lugar.
  • Comunicación dun congreso: Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): “Título da comunicación ou ponencia”, en Título do congreso en cursiva, Lugar de publicación, Editor.
  • Informe técnico: Apelidos, Iniciais do nome ou nome do autor/a corporativo (Ano): Título do informe en cursiva, Lugar de publicación, Editor.

Estilo Harvard para referencias de documentos electrónicos*

No caso dos documentos electrónicos tes que indicar a URL completa do recurso e a data de acceso á web. Nalgúns casos (sobre todo nos artigos de revistas electrónicas) che poden pedir que sustitúas a URL polo DOI, un identificador de obxecto dixital que soe aparecer na primeira páxina ou portada do documento electrónico.

  • Libro electrónico: Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): Título do libro en cursiva. Dispoñible en: URL/DOI do recurso [Consulta: día-mes-ano].
  • Capítulo de libro electrónico: Apelidos, Iniciais do nome do autor/a do capítulo (Ano de publicación): “Título do capítulo”, en Apelidos, Iniciais do nome do editor/a, Título do libro en cursiva. Dispoñible en: URL/DOI do recurso [Consulta: día-mes-ano].
  • Artigo de revista electrónica: Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): “Título do artigo”, Título da revista en cursiva, volume da revista (número da revista), páxinas. Dispoñible en: URL/DOI do recurso [Consulta: día-mes-ano].
  • Artigos de prensa dixital: Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): “Título do artigo”, Título do periódico en cursiva, día e mes da publicación. Dispoñible en: URL/DOI do recurso [Consulta: día-mes-ano].
  • Traballo académico electrónico (Tese, TFG, TFM): Apelidos, Iniciais do nome (Ano de publicación): Título da tese en cursiva, Clase de traballo, Universidade na que se presenta, Lugar. Dispoñible en: URL/DOI do recurso [Consulta: día-mes-ano].

Estilo Harvard para referencias de sitios Web e redes sociais*

Igual que cos anteriores tipos documentais, para as citas no texto empregarase o sistema autor e ano (autor, ano).

  • Sitio / Páxina Web: Apelido, Inicial do nome ou Autor Corporativo (data do copyright ou última actualización, se se descoñece, poñer n.d.): Título da páxina web. Dispoñible en: URL do recurso [Consulta: día-mes-ano]
  • Post Blogs: Apelido, Inicial do nome (Ano de publicación): “Título da entrada do post do blog”. Título do blog en cursiva, día e mes do post. Dispoñible en: URL do recurso [Consulta: día-mes-ano].
  • Post Facebook: Apelido, Inicial do nome ou nome da institución (Ano de publicación): Título do post en cursiva, [Facebook post], Día e mes do post. Dispoñible en: http://facebook.com/URLespecífica [Consulta: día-mes-ano].
  • Podcast: Apelido, Inicial do nome (Ano de publicación): “Título da entrevista, episodio, ou sección”, en Apelido, Inicial do nome (presentador/a), Título do programa en cursiva, [Audio en podcast], Data día-mes-ano. Dispoñible en: URL do recurso [Consulta: día-mes-ano].
  • Tuit: Usuario (Ano de publicación): O tuit íntegro, [Twitter post], dia e mes do post. Dispoñible en: URL do recurso [Consulta: día-mes-ano]
  • Vídeo YouTube / Vimeo: Autor/a da páxina (persoa ou organización) (Ano de publicación): Título do vídeo en cursiva, [Vídeo en liña]. Dispoñible en: http://www.youtube.com/URLespecífica [Consulta: día-mes-ano]

* Apartados 6, 7, 8 e 9 tomados da web da Biblioteca da Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid.

Todos os traballos presentados a través de redas@uvigo.es seguirán a seguinte tramitación:

  1. Análise formal desde o Consello de Redacción do cumprimento das instrucións de composición e estrutura do traballo previstas na información para autores da Revista REDAS, que pode dar lugar a dúas posibilidades:
    • O traballo non cumpre as esixencias: emprazarase ao autor/a para que adapte o seu escrito ás esixencias de estrutura e composición de REDAS.
    • O traballo sí cumpre as esixencias: pasarase á seguinte fase.
  2. Avaliación provisional desde o Consello de Redacción de orixinalidade, calidade, actualidade e características xerais do traballo, que pode dar lugar a tres posibilidades:
    • Entender provisionalmente que o traballo é susceptible de publicación como artigo (estudo) nos apartados I ou II de REDAS. En tal caso, comunicarase ao autor/a e someterase ao artigo a unha revisión por pares cega, en liña e externa (ningún dos revisores será membro dos órganos académicos de REDAS. A revisión encargarase a dous especialistas; en caso de discrepancia de pareceres entre ambos, o Consello de Redacción decidirá.
      O traballo só poderá publicarse nos apartados I ou II de REDAS se desde o Consello de Redacción constátase que superou satisfactoriamente este proceso de revisión.
    • Entender provisionalmente que o traballo é publicable nos apartados III, IV ou V. Comunicarase á persoa interesada a posibilidade de que o traballo sexa publicado en REDAS no apartado correspondente con, no seu caso, as suxestións de corrección ou mellora que desde o Consello de Redacción se consideren pertinentes. Unha vez obtido o consentimento da persoa interesada para a publicación no apartado correspondente e introducidas as correccións ou melloras, desde o Consello de Redacción poderá adoptarse a decisión definitiva de publicación.
    • Entender provisionalmente que o traballo non é publicable. Comunicaranse ao autor/a os motivos.
  3. Resumo e lista de palabras clave: deben estar escritos en español e inglés. Van ao principio do texto, tras o Sumario. En interliñado sinxelo e letra Times New Roman 12. A extensión máxima de cada resumo será de 200 palabras, cun máximo de 5 palabras chave.

Autoría

REDAS esixe que as/os autoras/es observen as normas estritas con respecto á ética editorial: plaxio – estando prohibido publicar a mesma investigación en máis dunha revista – duplicar a publicación do propio traballo dos autores – na súa totalidade ou en parte, sen a debida mención – e a apropiación indebida da obra doutros autores. As acusacións de conduta falta de ética serán discutidas inicialmente co autor correspondente. No caso de que a discusión persista o asunto será remitido á institución do autor e aos organismos de financiamento para a súa investigación e enxuízamento.

Responsabilidades do autor

REDAS desexa que todos os autores haxan contribuído de maneira significativa na investigación remitida para a súa avaliación, e que todos os datos que figuran nos seus artigos sexan veraces e auténticos.

Responsabilidades editoriais

Os editores de REDAS asumen a total responsabilidade e a autoridade para rexeitar ou aceptar un artigo. Os editores confirman que non teñen ningún conflito de intereses cos artigos que rexeitan/aceptan, que só aceptarán un artigo cando teñan a certeza da súa autenticidade. Se se atopasen erros, os editores alentarán a publicación da corrección ou retractacións, preservando o anonimato dos colaboradores.

Cuestións de ética editorial

A ética editorial será controlada e protexida polo Consello de Redacción de REDAS. REDAS estará sempre disposta a publicar correccións, aclaracións, retractacións e desculpas cando sexa necesario, non publicando en ningún caso plaxios nin datos fraudulentos.

Artículos

Política de sección por defecto

Declaración de privacidade

Os nomes e os enderezos de correo electrónico que se atopan no sitio web desta revista utilizaranse exclusivamente para os fins indicados nela e non estarán dispoñibles para ningún outro uso nin para terceiros.